NACE A REDE ANDALUZA DE SUPERCOMPUTACIÓN CIENTÍFICA
Sun Microsystems, Xunta de Andalucía e a Universidade de Granada firman un acordo para a creación dunha rede de supercomputación científica.
A Rede apoiarase na tecnoloxía Grid Computing de Sun Microsystems , permitirá constituír a primeira rede de supercomputación distribuída de Andalucía, que contará con proxección nacional e internacional, proporcionando recursos de computación a investigadores dos sectores público e privado.
O proxecto permitirá crear un nodo de supercomputación cunha capacidade de cálculo de catro teraflops (1 teraflop equivale a un trillón de operacións por segundo).