Páxina 1 de 2 ¿Que é AccessGrid?
AccessGrid é un contorno de presentación e interactivo baseado en elementos multimedia e software, con interface á middleware grid, interfaces a contornos de visualización que permiten soportar reunións distribuídas a gran escala, sesións de traballo colaborativo, seminarios, charlas, titorías e training. AccessGrid (AG) facilita a interacción entre grupos a través do grid en oposición á interacción punto a punto á que se está acostumado por medio da conferencia vía telefónica ou de escritorio. Realízase mediante multicast e é, teoricamente, infinitamente escalable. Os nodos AG son infrastruturas con esta finalidade, son espazos deseñados, o que significa que posúen, por defecto, pantallas de grandes dimensións, varias cámaras de video, micrófonos, unha instalación de audio coidada e un contorno de aplicacións distribuídas.
Proporciona elementos de visualización e compartición de datos que permitirá aos múltiples sites visualizar e interactuar cos datos en tempo real, permitindo realizar tomas de decisións nun período de tempo máis reducido. Os datos visualizados poden ser compartidos a través de streaming de video de alta resolución, gráficos interactivos en 3D ou compartición de escritorio.
AG proporciona espazos electrónicos persistentes que están sempre dispoñibles para incrementar o crecemento das comunidades online. A natureza persistente permite a múltiples localizacións físicas acceder ó mesmo espazo virtual e colaborar cun mínimo de preparación técnica.
http://www.accessgrid.org
Orixe de tecnoloxía AccessGrid
AG xurdiu do Grid computacional (Globus) co propósito de cubrir a necesidade de interacción humana e colaboración no mesmo.
O proceso de investigación levouse a cabo polo National Science Foundation's (NSF) Partnerships for Advanced Computational Infrastructure (PACI), e é unha iniciativa da National Computational Science Alliance (Alliance)
Dúas das principais organizacións involucradas son o Argonne National Laboratory: Future Laboratory (FL) e o National Center for Supercomputing Applications (NCSA).
Características da tecnoloxía AccessGrid
AG permite a grupos espallados colaborar a distancia en tempo real.
A redución dos custos en viaxes é unha vantaxe definitiva: tempo, diñeiro e estrés. O investigador pode participar en máis reunións e con maior frecuencia.
As institucións participantes nunha sesión AG poden comunicarse con expertos e intercambiar contido de gran calidade. Isto permite á comunidade local expor contidos que, doutra forma, non poderían experimentar. AG é unha comunidade crecente e imaxinativa con actualmente 200 nodos e subindo.
As características de compartición de escritorio, audio e video de alta resolución son puntos fundamentais que permiten unha interacción con resultados.
- video H261(352x288) 25fps 800kbps
- audio L16-16k-Mono 256kbps
- desktop VNC 500-3000kbps
O Access Grid Toolkit (AGTK) está a ser desenvolvido activamente por unha comunidade aberta baseada en software Open Source, permitindo, deste modo a innovación e o rápido desenvolvo.
Equipamento técnico
O primeiro que se necesita é unha configuración de rede adecuada e estable . Debe proporcionarse soporte multicast na rede e en todos os routers na ruta para o provedor de servizos de Internet. Multicast é a clave para proporcionar escalabilidade das reunións e para minimizar a carga na rede, permitindo a propagación de só un fluxo de datos para todos os clientes desde cada fonte, en contraposición a unicast, no cal se require que cada fluxo de datos sexa enviado a cada cliente desde cada fonte.
A interconexión entre os elementos hardware do nodo debe ser como mínimo 100BaseT, o ancho de baixada máximo experimentado foi de 20 Mbps. O ancho de banda de suba debe de ser de 2 Mbps mínimo.
A configuración do espazo físico tense en conta á hora da planificación do nodo: acomodamento para os asistentes adecuado segundo, boa acústica, a minimización da complexidade na xestión do audio e boa iluminación para as cámaras.
En canto aos requirimentos de persoal, un nodo necesita de persoal técnico, un programador/administrador de sistemas competente familiarizado cos sistemas Linux/Windows e os sistemas multimedia. Este administrador traballará cos técnicos experimentados da área de rede para resolver os problemas que poidan derivar da conectividade multicast. É importante ter a man un operador de nodo familiarizado co Access Grid Toolkit e o equipamento de audio e video durante as reunións. Requírese tamén outro tipo de persoal non técnico para a xestión de eventos e o mantemento da sala.
O custo do equipamento pode variar dependendo do tamaño do nodo. Como estimación poderíase indicar entre 30.000€ e 60.000+€.
|