Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Xeral » Comeza a Semana da Ciencia 2006
Destacados

Conectados
377 visitantes
Total dende 21-12-05: 75366170 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Comeza a Semana da Ciencia 2006 PDF E-mail
03.11.2006

Semana da Ciencia 2006 en Galiza  inaugurouse onte en Pontedeume, coincidindo coa apertura da mostra "O mundo na túa cabeza: a máquina de crear realidades".  A exposición forma parte dun amplo programa de actividades relacionadas coa neurociencia –tema central desta edición da Semana da Ciencia- que percorrerán toda Galiza durante os meses de novembro e decembro. 

A Semana da Ciencia é unha celebración, de ámbito europeo, que pretende facernos reflexionar sobre a evidencia de que vivimos rodeados de ciencia e da importancia que ten esta para acadar o progreso e o benestar social. Nesta edición, participan 19 entidades –museos, universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos, asociacións e fundacións- que organizan 101 actividades. Estas actividades, que van dende exposicións a excursións pasando por ciclos de cine, teatro ou cafés científicos, comparten o seu carácter aberto e gratuíto, a súa adaptación a todos os públicos e o obxectivo principal de divertir.

Mesas redondas, charlas divulgativas, exposicións, teatro, cine, excursións, premios, obradoiros, etc. percorrerán as catro provincias galegas intentando achegar o máis interesante de cada disciplina científica aos cidadáns. Así, haberá actividades relacionadas coa astronomía, a arqueoloxía, a física, a química, a comunicación, a medicina, o dereito, as matemáticas, etc.

A Dirección Xeral de I+D+I, co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Educación e Ciencia, coordina e financia unha ampla programación de actividades que se desenvolverá por toda Galiza nos meses de novembro e decembro, en especial entre o 6 e o 19 de novembro. Para elo, a Consellería de Innovación e Industria aporta un orzamento total de 737.454 euros.

Fonte: http://www.semanadaciencia.org/

Actualizado ( 03.11.2006 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA