III Congreso Online do Observatorio para a Cibersociedade
Remata o prazo de presentación de comunicacións o día 6 de novembro ó III Congreso Online do Observatorio para a Cibersociedade, que nesta ocasión leva por título "Coñecemento Aberto, Sociedade Libre",
O congreso artéllase en torno a máis de 62 grupos de traballo agrupados en cinco áreas temáticas:
a) Política e cambio social.
b) Identidade e grupos sociais.
c) Comunicación e cultura.
d) Educación e aprendizaxes.
e) Crítica e innovación.
O grupo de traballo D-5 E-learning e Software Libre, enmarcado na área temática de educación e aprendizaxes, está coordinado polo área de e-learning e a área de software libre do CESGA.
Convidamos a todos aqueles interesados a participar no congreso e a presentar comunicacións en xeral, e en particular sobre esta temática ao noso grupo de traballo.
Se desexas máis información visita a páxina oficial do Congreso http://www.cibersocietat.net/congres2006/ ou contactade con nós enviando un correo electrónico a ou a softwarelibre