O CESGA presentou hoxe as conclusións do estudo do e-learning en Galicia no ano 2005, no marco do Observatorio Galego de e-Learning
Case o 80% dos profesores universitarios galegos fan uso das TIC para o desenvolvemento da súa práctica educativa e o 36% dos empregados das empresas galegas que reciben formación o fan con ferramentas deste tipo. Son datos que se desprende do Observatorio Galego de e-Learning, un proxecto de investigación cuxos resultados foron presentados esta mañá no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).