Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Projects » Case oito de cada dez profesores universitarios galegos empregan as TIC no seu labor docente
Highlights

Users Online
490 guests online
Total since 21-12-05: 75369452 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Case oito de cada dez profesores universitarios galegos empregan as TIC no seu labor docente PDF E-mail
O Centro de Supercomputación de Galicia presentou hoxe os resultados do Observatorio Galego de e-Learning, un proxecto de investigación cuxo obxectivo consistiu na análise do uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) na educación no ano 2005, tanto no ámbito universitario como no sector empresarial galego.

O estudo, financiado pola Dirección Xeral de I+D+I, permitiu afondar na utilización didáctica destas tecnoloxías e das súas principais características na nosa autonomía. Galicia, pese a situarse entre as rexións cos índices máis baixos de uso das novas tecnoloxías, ofrece datos moi positivos no referente a este eido.

Case o 80% do profesorado universitario galego fai uso das TIC para o desenvolvemento da súa práctica docente, fundamentalmente, de Terceiro Ciclo e cursos de Posgrao. En canto ao ámbito empresarial, o índice de penetración das TIC é inferior, pero non por iso menos reseñable. O indicador máis representativo establece que o 36% dos empregados das empresas analizadas que reciben formación o fan a través da modalidade de e-Learning.

Ademais, a perspectiva de crecemento do sector é boa. Sinal disto é que o 63% dos consumidores e o 76% dos provedores opinan que o mercado para esta modalidade de aprendizaxe aumentará para os vindeiros anos.

O informe final do Observatorio Galego de e-Learning, así como o seu resumo executivo, están accesibles na Rede a través da páxina web do Observatorio (http://observatorioel.cesga.es). Estes documentos están dispoñibles tanto en versión en galego como en castelán.

Para máis información ver nota de prensa.

Last Updated ( 07.08.2006 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA