Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Projects » O CESGA participa no desenvolvemento dun grid para aplicacións interactivas e paralelas
Highlights

Users Online
374 guests online
Total since 21-12-05: 75368726 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

O CESGA participa no desenvolvemento dun grid para aplicacións interactivas e paralelas PDF E-mail
O Centro de Supercomputación de Galicia contribuirá ao perfeccionamento e á mellora da tecnoloxía grid mediante a súa participación na iniciativa europea "Interactive European Grid" (int.eu.grid). O proxecto presentouse a semana pasada nas xornadas de inicio do mesmo, celebradas no Instituto de Física de Cantabria, ás que asistiron técnicos do CESGA.

O CESGA achegará ao proxecto a súa experiencia en procesos de monitorización de recursos e contabilidade (accounting) do uso do grid por parte dos usuarios. Ademais, impulsará non centros que o desexen a instalación e configuración de salas Accessgrid co fin de conseguir unha maior interactividade e colaboración entre os usuarios do grid. En Galicia xa existen catro instalacións Accessgrid (Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo) e durante a celebración da xornada instalouse unha de estas salas no IFCA.

Este proxecto, coordinado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), ten como obxectivo poñer a disposición dos investigadores de diferentes áreas recursos informáticos significativos para o seu uso interactivo. Con este fin, construirase, usando a tecnoloxía Grid, un ordenador distribuído de potencia equivalente a 1 TeraHz (1000 GHz). Este será capaz de executar aplicacións e de almacenar datos de forma transparente en todos os centros de computación participantes no proxecto, grazas a execución dun “grid desktop”.

O ordenador será usado por investigadores de Física (Astrofísica, Física de Partículas, Fusión), pero del se beneficiarán, tamén, investigadores que precisen de aplicacións que requiren de gran potencia de cálculo como Tomografía 3D por ultrasons, ou Simulacións de Aneurismas Cerebrais. Estudos coma este empregaranse no futuro no diagnóstico en hospitais, ou ben en bases de datos complexas, referentes á area de Medio Ambiente, como simulación de inundacións ou modelado do solo. Ademais o proxecto está aberto a demandas que poidan xurdir de novos grupos de investigación.

Int.eu.grid., financiado con dous millóns de euros pola Unión Europea, ten unha duración de dous anos e nel participan centros de computación de Alemaña (FZK, HLRS), Polonia (PSNC, CYFRONET, ICM), Austria (GUP), Irlanda (TCD), Portugal (LIP), Eslovaquia (IISAS), ademais de catro centros en España (CESGA, BIFI, UAB e o CSIC).

Máis información sobre o proxecto dispoñible en: http://www.interactive-grid.eu/

Last Updated ( 30.06.2006 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA