A FUNDACIÓN CESGA, ten como misión contribuír ao avance da ciencia e a técnica mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións, en colaboración con outras institucións, para beneficio da sociedade.
No compromiso coa calidade e a mellora continua, aséntanse os propósitos da institución:
PERSOAL: Proporcionar un ámbito laboral co que se identifique, séntase recoñecido e no que se desenvolva tanto profesional coma persoalmente.
USUARIOS / CLIENTES: Potenciar o seu desenvolvemento e competitividade a nivel internacional nos ámbitos de I+D+i.
PATRÓNS: Contribuír activamente ao desenvolvemento das súas políticas de I+D+i.
PROVEDORES: Establecer alianzas que potencien mutuo desenvolvemento e competitividade.
SOCIOS / COLABORADORES: Ser para eles unha institución confiable, de calidade e coñecemento, que lles achegue valor e complementariedade.
OUTRAS ORGANIZACIÓNS: Servir de centro de referencia en computación e comunicacións de altas prestacións con vocación de colaboración.
SOCIEDADE: Ser un investimento da cal se poida sentir orgullosa e da que obteña un beneficio directo ou indirecto.
xunto cos seus valores:
COMPROMISO: Contribuír activamente ao logro da misión a través do esforzo, profesionalidade e responsabilidade.
CREATIVIDADE: Fomentar a proposición de ideas creativas con liberdade.
ÉTICA: Respecto mutuo e valoración da persoa independentemente da súa condición.
TRABALLO EN EQUIPO: Traballar de forma cooperativa con outros mediante a participación, o uso de comunicacións abertas, recoñecendo cada un as súas achegas.
FLEXIBILIDADE: Estar abertos aos cambios e manterse continuamente disposto a explorar novas formas de realizar os traballos.