Os principais obxectivos do departamento de Software Libre do CESGA son:
Avaliar a situación actual do Software Libre en Galicia, analizar as opcións tecnolóxicas existentes e realizar vixilancia tecnolóxica en orde á súa posible incorporación á nosa sociedade.
Traballar coordinadamente coas diferentes iniciativas que se están levando a cabo en Galiza no eido do Software Libre.
Experimentar e detectar casos significativos de implantación de Mancomun en Galicia, co obxecto de identificar os puntos fortes e débiles, proporcionando, ó mesmo tempo, accións de demostración.
As nosas actividades céntranse en:
Coordinación do proxecto mancomun.org - Iniciativa galega polo Software Libre.
Vixilancia a través do Observatorio de Mancomun.
Sensibilización a través de accións de difusión.
Realización de accións que favorezan a localización de Software Libre en galego.