O proxecto e-Hospital facilitará a aprendizaxe a pacientes con longos períodos de convalecencia
Ata un total de 25 pacientes hospitalizados no Juan Canalejo poderán continuar coa súa formación académica, grazas a un convenio subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Juan Canalejo da Coruña e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).