Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Xeral » A Xunta de Galiza incorporarase á Rede Internacional de Administracións Públicas polo Software Libre
Destacados

Conectados
493 visitantes
Total dende 21-12-05: 75366686 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

A Xunta de Galiza incorporarase á Rede Internacional de Administracións Públicas polo Software Libre PDF E-mail
A Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Dª Elena Veiguela Martínez, manifestou a vontade da Xunta de Galiza de incorporarse á "Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre" na reunión que se celebrou hoxe con representantes da Secretaria de Telecomunicacions i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya, e Marcelo Branco, responsábel da "Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre" coordenada pola eneralitat de Catalunya e a "Fundació Observatori per a la Societat de la Informació de Catalunya (FOBSIC)".

A Rede nace da reunión que se celebrou en Barcelona o pasado mes de xuño na que participarón 22 administracións. Nese encontro acordouse dar continuidade á "Declaración de Barcelona para o avance do software libre" mediante a creación dunha Rede de Cooperación Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. As comunidades autónomas que participaron nesta reunión son Andalucía, Estremadura, Madrid, Valencia, Euskadi e Catalunya. O goberno galego será a primeira incorporación dun goberno autonómico á Rede despois do encontro de Catalunya.


O obxectivo da Rede é fortalecer as relacións político-institucionais entre aquelas administracións que teñen o compromiso de consolidar o uso do Software Libre, deixando constancia da necesidade de traballar de xeito conxunto para difundir, estimular, desenvolver e promocionar o Software Libre como unha das ferramentas máis importantes das que dispón a sociedade para transmitir o seu coñecemento.


A Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galiza desexa aproveitar e participar nas experiencias de traballo colaborativo coas outras administracións públicas presentes na Rede. A Rede inspírase na lóxica do principal motivo de éxito da comunidade do software libre: a cooperación entre as diferentes administración públicas.


O Secretario de Telecomunicacions i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya, D. Oriol Ferran, celebra a incorporación á Rede da Xunta de Galiza. Ferran cree que para Galiza, que empeza agora unha nova política de fomento do Software Libre, pode ser moi útil compartir experiencias con outras administracións.


Máis información sobre a Rede: http://www.lafarga.org/xarxa/

Actualizado ( 31.03.2006 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA