CESGA, HP e Intel instalarán "FINIS TERRAE" o supercomputador de maior memoria compartida de Europa
28.03.2006
No transcurso dun acto celebrado hoxe no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), coa presenza de numerosas autoridades nacionais e galegas, presentouse o Convenio de Colaboración entre o CESGA, HP e Intel, polo cal a Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) instalarán no Centro o maior supercomputador de memoria compartida de Europa, “Finis Terrae”.