Dende o 15 de xaneiro deste ano tódolos usuarios do CESGA teñen acceso ós servicios do HP Integrity Superdome, adquirido polo centro galego no 2003. Este novo superordenador levaba en probas desde o pasado mes de novembro e tras pasar os tests de rendemento con éxito está xa a disposición da comunidade científica galega e do CSIC.
Hai que lembrar que con esta nova incorporación, que contou co apoio financeiro do FEDER, o CESGA pasou a ser o centro de cálculo científico de maior capacidade do estado español na actualidade.
Se ten interese en facer uso do SUPERDOME recomendamoslle consulte a descrición e guia de uso, ante calquera dubida, contacte con .