Para unha mellor cobertura ás necesidades dos seus usuarios, o CESGA ten xa a disposición dos mesmos tres novos paquetes de software científico instalados nos seus servidores.
- Instalada nova versión de Migrate, software relevante en Bioinformática e que permite estimar velocidades de migración e tamaños efectivos de poboación. A versión 2.0.6 deste programa foi instalada en todos os sevidores de cálculo do CESGA (Superdome/HPC320/SVGD).
- Instalados os programas de simulación SPIDER versión 13.00 Oct 2005 e BSOFT versión 1.3.0 no SVGD e no HPC320. Estes programas de procesamento de imaxes obtidas por técnicas de microscopia electrónica complementan ao xa instalado EMAN dentro deste campo.