O CESGA procederá a dar de baixa a un total de once aplicacións de cálculo científico debido á falta de demanda das mesmas entre os usuarios do Centro. Estas aplicacións, revisada a súa funcionalidade, apenas tiveron uso nos últimos dous anos.
Como un dos servizos prestados aos usuarios do CESGA está a instalación e mantemento das aplicacións de cálculo científico usadas nos superordenadores do centro. Para mellorar o servizo, é necesario revisar o grado de uso das aplicacións instaladas e, periodicamente, actualizar a lista de aplicacións soportadas. Dentro desta revisión atopouse que as seguintes aplicacións instaladas e soportadas polo CESGA non tiveron uso durante os dous últimos anos:
amsol
clustalw
combiner
gamesol
genehunter
genscan
glimmerm
mopac
mumer
phylip
superlink
Por este motivo, procederase a dar de baixa ás mesmas a partires do 1 de abril de 2006. Se por algún motivo esta acción puidese repercutir no seu traballo, por favor, póñase en contacto co Departamento de Aplicacións e Proxectos a través de correo electrónico () ou vía telefónica (981 569816)