Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Aplicacións » Nova versión da base de datos CSD
Destacados

Conectados
376 visitantes
Total dende 21-12-05: 75359670 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Nova versión da base de datos CSD PDF E-mail
A Cambridge Structural Database é unha base de datos de estruturas químicas (fundamentalmente orgánicas).
 
Usuarios habituais: Químicos inorgánicos, orgánicos e teóricos.
 
Usuarios potenciais: Químicos e físicos, que traballen na síntese ou caracterización de estructuras moleculares e desexen comparar coas estructuras identificadas na bibliografía.

O día 29 de xaneiro de 2004, instalouse a versión de novembro de 2003 e a primeira actualización do 2004 da base de datos de CSD. En total contén 306.873 entradas na base de datos. Ademais, a aplicación migrou de máquina para ter un acceso máis rápido a ela, fundamentalmente da versión gráfica (cq) que é a recomendada. A nova máquina de aloxamento é csd.cesga.es. O usuario e a clave son os mesmos que tiñan no sistema vello.
 
Guia de uso:
 
O software está instalado no servidor csd.cesga.es. Unha vez obtida unha conta de usuario, cos datos de login e password, poden conectarse ao sistema. Para conectarse é necesario dispor dun cliente ssh. Un cliente para Windows (Putty) pode atoparse neste enlace.
 
Para visualizar a saída gráfica de programas que dispoñan desta posibilidade, é preciso conectarse co comando ssh -X, o que fixará automaticamente a variable de entorno DISPLAY ao equipo dende o que nos esteamos conectando. Para activar esta posibilidade utilizando o cliente Putty, é preciso ir ao menú Connection -> SSH -> Tunnels e activar a opción "Enable X11 forwarding", e ademais será necesario ter instalado e funcionando un cliente X-Windows coma o X-Win32.
 
O programa recomendado para facer as buscas é o ConQuest que se activa co comando cq. As avantaxes deste sistema son que é posible visualizar a estructura do composto ademais de gardar as buscas realizadas.
 
Se quere coñecer o contido da nova actualización, no programa ConQuest (arráncase co comando cq), seleccione as opcións View Databases -> Entries in CSD version 5.25. Lembrámoslle que a base de datos Cambridge Structural Database (CSD) está instalada nunha máquina dedicada, polo que se precisan acceder a esa base de datos e aínda non teñen acceso, terán que solicitarllo aos nosos técnicos.
 
Se teñen algún problema co programa ou actualización, non dubiden en poñerse en contacto connosco a través de , indicando no asunto "Erro en CSD".
Actualizado ( 17.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA