O servidor de cartografía GIS do CESGA crea e serve mapas dinámicos en Internet. Estes mapas están xeoreferenciados e ademais de visualizalos pódese interactuar con eles con operacións como zoom, panzoom ou consultar información de base de datos asociada. O usuario pode acceder a esta información dende o seu navegador habitual, requírese Netscape ou MS Internet Explorer versión 4 ou superior
Mapa administrativo de Galicia: Mapa de Galicia que comprende provincias, comarcas, municipios, núcleos urbanos e vías de comunicación.
Mapa do Mundo: Información administrativa, cidades, lagos e ríos de todo o mundo, pódense facer búscas de países e de cidades e pódese consultar na base de datos asociada á moneda e a poboación de cada país.
Mapa de Gasolineras de Galicia: Localización das estacións de servizo de Galicia. Mapa realizado para a Consellería de Innovación e Industria.
Mapa de Apelidos en Galicia: Localización xeográfica de apelidos na comunidade galega clasificados por concello. Realizado para o Instituto da Língua Galega ILGA.
O CESGA tamén ofrece aos seus usuarios a posibilidade de desenvolver un servidor de mapas específico cos seus datos, coa finalidade de servilos en Internet ou nunha Intranet.