Descrición de recursos de almacenamento no CESGA
Equipamento dispoñible a partir de abril de 2004
80 Servidores DELL 750 cun disco local SATA de 160GB capacidade cada un, configurados como sistema scratch e almacenamento paralelo de 12,800GB de capacidade total.
1 Servidor frontal de almacenamento DELL 1750 para o cluster SVG con 3 discos SCSI de 146GB en configuracion RAID 5.
2 Cabinas EVA3000, cada unha con doble controladora RAID FiberChannel (FC) HSV100 con 2GB de memoria caché en espello protexida con batería propia, e 56 discos FC de 146GB e 10.000 rpm. En total, son 112 discos de 146GB, que proporcionan un almacenamento bruto de 16 Terabytes.
1 Servidor de almacenamento con 4 procesadores Itanium2 a 1.3GHz, 2 discos internos Ultra3 SCSI de 73GB, 4GB de memoria, 2 controladoras FC de 2Gbps, 2 portos Gigabit-ethernet de fibra óptica a 1Gbps e 6 controladoras Ultra3 SCSI LVD, baixo sistema operativo HP-UX.
1 Sistema de almacenamento en fase de probas de explotación, desenvolvido a partir do proxecto CheapTB, financiado pola Xunta de Galicia, e consistente en 5 servidores Linux con 4 controladoras RAID 3ware e 32 discos IDE de 180GB que ofrecen unha capacidade de almacenamento total de 5,7TB.
2 Switches FiberChannel de 2Gbps e 8 portos.
Equipamento xa existente
1 Cabina de almacenamento baseada en doble controladora RAID FC HSG80, 256MB de memoria cache en espello protexida con batería propia, e 31 discos Ultra3 SCSI de 36GB y 10.000 rpm y otros 2 discos de 18GB y 10.000 rpm, que proporciona un almacenamento bruto de 1.152Gbytes (1,1TB)
2 Switches de 1Gbps e 16 portos
1 Robot StorageTek 9710:
-
Capacidade para 574 cartuchos de cinta.
-
4 unidades lectoras/escritoras StorageTek 9840.
-
2 unidades lectoras/escritoras Quantum SDLT.
-
375 cartuchos de cinta 9840, con unha capacidade de 20GB sen comprimir e 80GB comprimidos.
-
195 cartuchos de cinta SDLT, cunha capacidade de 110GB sen comprimir e 220GB comprimidos.
-
A capacidade total real actual de almacenamento en cinta neste robot é de 29TB sen compresión e 73TB con compresión.
2 Arrays Sun A5100 para con 16 discos FC de 18GB, que proporcionan 288GB de almacenamento para espazo permanente en disco dentro do sistema de almacenamento xerárquico HSM.
1 Servidor de almacenamento Sun Enterprise 3500 con 4 procesadores UltraSparc-II a 400MHz, 1,7GB de memoria, 4 controladoras FC de 1Gbps, 1 porto Gigabit-ethernet de fibra a 1Gbps e 4 controladoras Ultra3 SCSI LVD, correndo sistema operativo Solaris 2.6
128 discos Ultra3 SCSI de 36GB e 15.000 rpm conectados a través de 32 controladoras Ultra3 SCSI que ofrecen unha capacidade para almacenamento temporal ou scratch de 4.608 GB (4,6 TB). Este é o almacenamento scratch do Superdome.
32 discos Ultra3 SCSI de 36GB e 10.000 rpm conectados a través de 16 controladoras Ultra3 SCSI que ofrecen unha capacidade para almacenamento temporal ou scratch de 1.152GB (1,1TB). Este é o almacenamento scratch do HPC320.
4 discos Ultra3 SCSI de 36GB e 15.000 rpm conectados a través de 1 controladora RAID SmartArray que ofrece unha capacidade de almacenamento de 144GB para o cluster SVG.
16 discos IDE de 40GB que ofrecen unha capacidade de almacenamento de 640GB para scratch do cluster SVG (nodos beowulf) e outros 18 discos con tecnoloxías SCSI e IDE e capacidades entre 6GB e 30GB para o resto dos nodos do cluster e que proporcionan aproximadamente outros 200GB de almacenamento scratch.
A capacidade de almacenamento total ofrecida polo CESGA desde abril de 2004 aparece na seguinte táboa:
Tipo de almacenamento
|
Capacidade (Gigabytes)
|
Temporal ou Scratch |
6.500
|
Temporal Paralelo |
12.800
|
Permanente en disco |
23.538
|
Cinta |
73.000
|
Total |
115.838
|
|