Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Servizos » Teleformación e videoconferencia
Destacados

Conectados
387 visitantes
Total dende 21-12-05: 75374307 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Teleformación e videoconferencia PDF E-mail

Os servizos que o CESGA lles ofrece aos seus usuarios/as no ámbito do e-Learning, son:

Asesoramento:

Deseño, implementación e avaliación de proxectos de e-Learning:
Estes servizos pódense clasificar en:

  • Análise dos requisitos iniciais da proposta.
  • Deseño de solucións tecnolóxicas adaptadas a estes requisitos.
  • Realización de probas destinadas a testar as solucións propostas.
  • Seguimento e asistencia técnica na fase de execución do proxecto

Normalmente o proceso funciona da seguinte forma: Ante a presentación dun proxecto de e-learning por parte de un usuario/a, expertos/as do CESGA analizan as necesidades de recursos humanos, didácticos e tecnolóxicos (hardware/software) impostas polo proxecto e propoñen solucións adaptadas a estas. As solucións propostas son testadas e validadas. Durante a fase de execución, técnicos/as do CESGA seguen o desenvolvemento do proxecto e prestan asistencia técnica sempre que sexa necesario.

 Aulas de TeleEnsino

1. Sistema de Xestión da Aprendizaxe (LMS) "Aula CESGA"

2. Sistemas de Videoconferencia

  • Videoconferencia por web
  • Videoconferencia por RDSI ou IP.
  • Videoconferencia Multicast: MBone.
  • Videoconferencia por VRVS.

3. Retransmisión de eventos

  • Difusión de Eventos en Tempo Real
  • Difusión de Eventos en Diferido
  • Transmisión de Vídeo de Alta Calidade.

4. Lista de distribución de e-Learning

5. Foros

6. Weblog

7. Novas sobre e-Learning

8. Material didáctico

9. Cursos de formación

Fases:
  • Avaliación de Necesidades
  • Planificación
  • Formación
  • Avaliación procesual do proxecto

Avaliación de Necesidades:

Na avaliación de necesidades valóranse tódolos elementos que integran o proxecto, tendo en conta os obxectivos, as necesidades dos usuarios/as, infraestructura tecnolóxica, recursos humanos, temporalización, metodoloxía, etc... garantindo no posible o cumprimento dos obxectivos previstos e a validez dos resultados do proxecto.

Unha vez que temos claro o tipo de proxecto a realizar debemos analizar que recursos tecnolóxicos son os máis axeitados para o mesmo, e cal sería a mellor opción de integración se fora preciso.
No caso de utilizar as Aulas de TeleEnsino, outros elementos a ter en conta serían :
  • O número de Aulas que se van utilizar
  • A ratio: número de alumnos/as por Aula (recoméndase como máximo dous por posto de traballo)
  • Número de docentes e a súa localización, experiencia coas TIC, etc.
  • Temporalización e localización da experiencia
  • Contidos, metodoloxía de traballo, etc.

Planificación:

A partir das necesidades defínense os obxectivos; en función destes determínanse os contidos e tomando como base os obxectivos e os contidos deseñarase a metoloxía e os materiais didácticos.

  • Obxectivos
  • Contidos
  • Metodoloxía
  • Material Didáctico
  • Recursos Tecnolóxicos

 Formación:

O CESGA ofrécelles aos seus usuarios/as formación na utilización dos equipos de videoconferencia e en equipos multimedia, así como orientacións sobre software destinado a usos de TeleEnsino. Normalmente a formación vai dirixida a aqueles usuarios/as que expresan o seu desexo de desenvolver un proxecto concreto de TeleEnsino. Para solicitar formación os usuarios/as pódense dirixir a:  .

Avaliación procesual do proxecto:

A avaliación formativa e continua do proxecto ten como obxectivo proporcionar unha retroalimentación entre todos os profesionais inmersos no desenvolvemento do mismo optimizando a evolución da investigación e ó mesmo tempo reducindo os problemas que poidan xurdir.

 

Actualizado ( 01.12.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA