Os servizos que o CESGA lles ofrece aos seus usuarios/as no ámbito do e-Learning, son:
Asesoramento:
Deseño, implementación e avaliación de proxectos de e-Learning:
Estes servizos pódense clasificar en:
- Análise dos requisitos iniciais da proposta.
- Deseño de solucións tecnolóxicas adaptadas a estes requisitos.
- Realización de probas destinadas a testar as solucións propostas.
- Seguimento e asistencia técnica na fase de execución do proxecto
Normalmente o proceso funciona da seguinte forma: Ante a presentación dun proxecto de e-learning por parte de un usuario/a, expertos/as do CESGA analizan as necesidades de recursos humanos, didácticos e tecnolóxicos (hardware/software) impostas polo proxecto e propoñen solucións adaptadas a estas. As solucións propostas son testadas e validadas. Durante a fase de execución, técnicos/as do CESGA seguen o desenvolvemento do proxecto e prestan asistencia técnica sempre que sexa necesario.
Aulas de TeleEnsino
1. Sistema de Xestión da Aprendizaxe (LMS) "Aula CESGA"
2. Sistemas de Videoconferencia
-
Videoconferencia por web
-
Videoconferencia por RDSI ou IP.
-
Videoconferencia Multicast: MBone.
-
Videoconferencia por VRVS.
3. Retransmisión de eventos
-
Difusión de Eventos en Tempo Real
-
Difusión de Eventos en Diferido
-
Transmisión de Vídeo de Alta Calidade.
4. Lista de distribución de e-Learning
5. Foros
6. Weblog
7. Novas sobre e-Learning
8. Material didáctico
9. Cursos de formación Fases:
- Avaliación de Necesidades
- Planificación
- Formación
- Avaliación procesual do proxecto
Avaliación de Necesidades:
Na avaliación de necesidades valóranse tódolos elementos que integran o proxecto, tendo en conta os obxectivos, as necesidades dos usuarios/as, infraestructura tecnolóxica, recursos humanos, temporalización, metodoloxía, etc... garantindo no posible o cumprimento dos obxectivos previstos e a validez dos resultados do proxecto.
Unha vez que temos claro o tipo de proxecto a realizar debemos analizar que recursos tecnolóxicos son os máis axeitados para o mesmo, e cal sería a mellor opción de integración se fora preciso.
No caso de utilizar as Aulas de TeleEnsino, outros elementos a ter en conta serían :
- O número de Aulas que se van utilizar
- A ratio: número de alumnos/as por Aula (recoméndase como máximo dous por posto de traballo)
- Número de docentes e a súa localización, experiencia coas TIC, etc.
- Temporalización e localización da experiencia
- Contidos, metodoloxía de traballo, etc.
Planificación:
A partir das necesidades defínense os obxectivos; en función destes determínanse os contidos e tomando como base os obxectivos e os contidos deseñarase a metoloxía e os materiais didácticos.
- Obxectivos
- Contidos
- Metodoloxía
- Material Didáctico
- Recursos Tecnolóxicos
Formación:
O CESGA ofrécelles aos seus usuarios/as formación na utilización dos equipos de videoconferencia e en equipos multimedia, así como orientacións sobre software destinado a usos de TeleEnsino. Normalmente a formación vai dirixida a aqueles usuarios/as que expresan o seu desexo de desenvolver un proxecto concreto de TeleEnsino. Para solicitar formación os usuarios/as pódense dirixir a: .
Avaliación procesual do proxecto:
A avaliación formativa e continua do proxecto ten como obxectivo proporcionar unha retroalimentación entre todos os profesionais inmersos no desenvolvemento do mismo optimizando a evolución da investigación e ó mesmo tempo reducindo os problemas que poidan xurdir.
|