Se aínda non tes un antivirus instalado, faino xa! Se levas moito tempo sen actualiza-lo seu antivirus, faino xa!
¿Sabías que....?
Os virus poden infecta-lo seu ordenador calquera día do ano. Despois da infección, algúns virus actívanse inmediatamente; outros permanecen en letargo ata que se disparan en días concretos e incluso a horas e segundos concretos.
Unha vez iniciada a infección, a resposta varía dun virus a outro. Con frecuencia, o efecto inicial é só mostrar mensaxes molestos e desagradables ata destruír por completo o teu sistema.
A utilización dos antivirus é moi recomendable sobre todo se traballas con Internet debido á cantidade de virus que navegan pola Rede e a que mesmo un arquivo html pode servir para esconder e propagar un virus, feito que ata agora se descoñecía. O «HTML.Internal» é o primero virus coñecido capaz de infectar arquivos html. Este virus busca ficheiros html nos discos infectándoos. Para difundirse utiliza rutinas de script escritas en Visual Basic que inclúe dentro do código html.
A cabeceira dos arquivos html infectados contén a referencia a un script (rutina principal do virus) que é executada automaticamente cando o navegador accede ó arquivo infectado. Usando instruccións Visual Basic o virus busca tódolos arquivos *.htm e *.html nos directorios actual e superior e inféctaos. Cando o virus infecta un arquivo, escríbese ó comenzo do ficheiro sen ningún dano para os datos dos ficheiros. A cabeceira do virus contén a seguinte líña que o identifica: «<html> <!--1nternal-->».