![](/Image/computacion/estat_CPU_02.jpg)
Durante o ano 2002, mantívose estable a utilización da CPU nos sistemas xa existentes a principios de ano (VPP, AP, SVG e HPC4500), excepto no AP3000 onde se observa unha lixeira diminución no último trimestre do ano, debido fundamentalmente á incorporación dun sistema de características similares e maiores prestacións (Beowulf). Así pois, a incorporación de 2 novos sistemas, HPC320 e Beowulf, non supuxo unha drástica diminución na utilización dos servidores xa existentes, senón na ocupación de tódolos servidores de cálculo.
![](/Image/computacion/estat_trabajos_02.jpg)
Nos últimos meses do 2002 baixou o número de traballos enviados o HPC4500, mentres que o número de traballos do Beowulf, despois da súa instalación en setembro, mantívose constante.
![](http://www.cesga.es/Imagenes/top.gif)
![](/Image/computacion/estat_espera_02.jpg)
Os tempos de espera en cola diminuíron significativamente no VPP e, en menor medida no HPC4500, facendo destos sistemas máis atractivos desde o punto de vista do tempo de resposta, a pesar da menor potencia que ofrecen fronte ós novos servidores. Tamén se observa o rápido aumento dos tempos de espera do servidor de cálculo HPC320 debido o alto nivel de ocupación que presenta desde a súa instalación e posta en funcionamento no mes de Xuño.
![](/Image/computacion/estat_institucion_02.jpg)
No ano 2002, a Universidade de A Coruña foi a institución que máis horas de cálculo consumiu nos servidores, seguida pola Universidade de Santiago, consumindo entre ámbalas dúas algo máis do 80% das horas de cálculo dos servidores do CESGA.
![](/Image/computacion/estat_areas_02.jpg)
Case o 50% das horas de cálculo destináronse a proxectos da área de modelización bioquímica, e ás áreas de física e ciencias da computación ocuparon o segundo e terceiro lugar respectivamente.
![](http://www.cesga.es/Imagenes/top.gif)
Neste ano 2002, os servidores con maior demanda de usuarios foron o VPP300E, HPC320 e HPC4500, con preto dun cento de contas activas en cada un deles. |