Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » Projects
Highlights

Users Online
2819 guests online
Total since 21-12-05: 74125156 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

¿Para que serve un GIS? PDF E-mail
Ata agora describimos un GIS por medio de definicións de tipo formal e por medio da súa capacidade para satisfacer demandas espaciais, relacionando conxunto de datos por medio da súa localización xeográfica. Igualmente un GIS pode describirse tamén enumerando o tipo de demandas as que poden responder. Un GIS suficientemente sofisticado pode responder a cinco preguntas xenéricas:

Localización: ¿Que hai en...?

A primeira das preguntas refírese a identificar que é o que se encontra nunha localización determinada. A localización podese describir de varios xeitos , por exemplo, polo seu topónimo, polo seu código postal, ou por referencias xeográficas como latitude e lonxitude.

Condición: ¿Onde se encontra?

A segunda demanda é a inversa da primeira e require unha análise espacial. En lugar de identificar o que se encontra nun punto. O que se busca é un lugar que reúna certas condicións (por exemplo, un terreo sen fraga, que teña un área maior de 2000 metros cadrados, que estea a menos de 100 m. dunha estrada e ao que as súas condicións xeotécnicas lle permitan soportar edificios.

Tendencia: ¿Que cambiou dende...?

Esta pregunta involucra as dúas anteriores e a súa resposta establece que diferencias ocorren nun área determinada a través do tempo.

Distribución: ¿Que patróns de distribución espacial existen?

Esta pregunta é máis complexa. Preséntase ao querer determinar, por exemplo, se o cáncer é unha causa importante de mortandade entre as persoas que residen nas proximidades dunha central nuclear. Ou tamén, ao querer coñecer cantas situacións anormais se producen nunha determinada distribución espacial e onde se localizan.

Modelización: ¿Que sucede se...? 

Pregunta que se cuestiona ao tentar coñecer que pasa nun sistema cando ocorre un feito determinado, por exemplo, que lle ocorre a un sistema viario se construimos unha estrada, ou que sucedería se se producise un determinado vertido tóxico na rede de subministro de auga potable. As respostas requiren, ademais da información xeográfica, outras informacións adicionais, como poden ser determinadas leis científicas.

Last Updated ( 02.11.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA