Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » GIS » GIS: Funcionalidade e limitacións
Destacados

Conectados
545 visitantes
Total dende 21-12-05: 75375666 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

GIS: Funcionalidade e limitacións PDF E-mail

Un GIS en sentido completo xestiona unha base de datos espacial. Permite a creación e estruturación dos datos partindo de fontes de información como os mapas, a teledetección, bases de datos existentes, etc. Ademais de posibilitar a análise, visualización e edición en mapas da base de datos, un GIS conta con ferramentas que permiten crear novos datos derivados dos existentes.

Funcionalidade do GIS:

  • Construir datos xeográficos: Mediante datos xeométricos existentes en CAD, ou capturándoos por dixitalización, vectorización de imaxes, GPS, etc., o sistema permite depuralos e estruturalos topolóxicamente, asociándoos con bases de datos alfanuméricas. De esta forma obteranse datos espaciais listos para o seu uso na analise. 
  • Modelado cartográfico: Creación de novos mapas a partir de mapas existentes: Combinado atributos do terreo como pendente, vexetación, tipo de solo, etc. Mediante un modelo matemático pódensen crear novas variables, como un índice de erosionabilidade, de risco de incendios, etc. 
  • O GIS permítenos analizar os mapas estruturados en combinación con bases de datos asociadas. Pódense interrogar para seleccionar os datos de interese, ver os resultados interactivamente escollendo a simboloxía en función dos atributos asociados e producir cartografía de calidade. 
  • Tamén se poden preparar aplicacións a medida, como un plano de control de incendios, de evaluación de impactos ambientais, un modelo que prevea a evolución dun incendio ou dunha inundación, aplicacións verticais como un sistema de xestión municipal ou unha aplicación para unha empresa eléctrica, etc.

 

Limitacións do GIS:

Un GIS é un gran sistema informático cunha implantación nunha organización que é sempre gradual e custosa. Requírese sempre a adecuación do sistema ao traballo requirido, mediante programación (frecuentemente realizada polo suministrador do GIS) e recopilación dos datos necesarios (subministrados por outras organizacións ou introducidos polo cliente).

Para a súa explotación é necesaria a concurrencia de programadores xunto cos profesionais do área de estudio en cuestión. Non son pois, ferramentas de usuario final, é dicir, para profesionais non coñecedores do GIS: un GIS é unha ferramenta propia dunha organización, non unha ferramenta persoal.

Actualizado ( 20.02.2018 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA