O Cesga ofrece ós seus usuarios diferentes servicios para levar acabo tanto proxectos como accións formativas a través de e-learning.
No caso de que un usuario pertencente á comunidade educativa ou investigadoa de Galicia queira levar a cabo unha acción formativa ou un proxecto de investigación en e-learning, póñense en marchas as seguintes accións:
Análise dos requisitos iniciais da proposta do curso ou proxecto.
Análise e deseño de solucións tecnolóxicas adaptadas ó curso ou proxecto.
Realización de probas destinadas a testar as solucións máis axeitadas.
Colaboración, seguimento e asistencia técnica na fase de execución do curso ou proxecto de investigación.
Normalmente o proceso funciona da seguinte forma: Ante a presentación dun proxecto de e-learning ou dunha acción formativa por parte de un usuario/a, expertos/as do CESGA analizan as necesidades de recursos humanos, didácticos e tecnolóxicos (hardware/software) impostas polo proxecto/curso e propoñen solucións adaptadas. As solucións propostas son testadas e validadas. Durante a fase de execución, técnicos/as do CESGA seguen o desenvolvemento do proxecto/curso e prestan asistencia técnica sempre que sexa necesario.
Para o desenvolvemento de cursos mediante tecnoloxías e-learning ou proxectos de investigación en e-learning, o Cesga conta con tecnoloxías de última xeración:
Sistemas de Videoconferencia:
- Videoconferencia por Web.
- Videoconferencia por RDSI ou IP (Equipos de videoconferencia profesional).
- Videoconferencia Multicast: MBone.
- Videoconferencia por VRVS.
Retransmisión de Eventos:
- Vídeo Streaming en tempo real.
- Vídeo Steraming en diferido.
- Vídeo de Alta Calidade.