Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » Aplicaciones » Un mapa intelixente creado polo CESGA axuda a SOS Galicia na súa tarefa de prevención de catástrofes
Destacados

Conectados
4049 visitantes
Total desde 21-12-05: 65409899 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Un mapa intelixente creado polo CESGA axuda a SOS Galicia na súa tarefa de prevención de catástrofes PDF E-mail

Este novo servizo de SOS Galicia, o teléfono 112, entrou en funcionamento o pasado 27 de novembro. A aplicación informática desenvolta por expertos da área de Sistemas de Información Xeográfica do CESGA, "Mapa de Riesgos de Galicia", nútrese de bases de datos xeoreferenciadas que inclúen información sobre infraestructuras susceptibles de seren afectadas por eventos meteorolóxicos, como nevadas e temporais.

Entre outros datos, estes mapas intelixentes inclúen información acerca de municipios, núcleos de poboación, a rede de estradas (principais e secundarias), portos de montaña, ferrocarril, localización dos postos de proteción civil, localización das máquinas quitaneves, localización e stock dos almacéns de sal, etcétera.

Sobre estes mapas dixitalizados cargados de información acerca de poboación, recursos e infraestructuras superpóñense as predicións do Centro Nacional de Meteoroloxía. Predicións que de cotío se actualizan no mapa de riscos de Galicia. Isto permite a SOS Galicia dispoñer de simulacións dos efectos esperados con antelación e saber en todo momento de que recursos dispón para facerlles fronte.

O sistema funciona de tal xeito que no caso dunha predición de por exemplo, nevadas en alturas superiores ós 700 metros en Galicia, o mapa de riscos en segundos produce un mapa mostrando os municipios e poboacións afectadas, o estado das vías de comunicación (portos de montaña, tramos de estrada e de ferrocarril). O sistema inmediatamente produce un informe dos recursos dispoñibles e a súa situación no mapa.

Ademais, está previsto que estes mapas cruzados cas bases de datos sexan instalados sobre equipos conectados á rede de comunicacións. Deste xeito, a aplicación incluirá unha función que permitirá ós operadores facer que o sistema envíe automaticamente un fax a tódolos organismos involucrados con só pulsares unha tecla. O sistema dará a posibilidade de alertar automaticamente vía fax ós Concellos, Protección Civil, Dirección Xeral de Tráfico e outros entes involucrados. A aplicación compleméntase cunha simulación de desbordamento e rotura de encoros.

Modificado ( 13.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA