Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Proxectos » Celebrado en Santiago o primeiro Workshop A PONTE
Destacados

Conectados
574 visitantes
Total dende 21-12-05: 74817336 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Celebrado en Santiago o primeiro Workshop A PONTE PDF E-mail

pasado día 5 de Febreiro celebrouse en Santiago o 1º Workshop "A PONTE". Representantes das distintas entidades promotoras presentaron as principais liñas de actuación de "A PONTE" aos profesores e directores dos centros de Educación Secundaria de Galicia e Portugal involucrados no proxecto.

Abriron o acto representantes da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e da Secretaria Xeral de Investigación e Desenvolvemento e o Decano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago.

Proxecto A PONTE: An approach to the dePloyment Of New Technologies in Education.

O proxecto A PONTE é un proxecto de demostración do impacto das Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) no ensino.

É un ambicioso proxecto que aborda múltiples frontes para analizar a implantación das TIC como vehículo de solucións ós problemas que sofren as comunidades educativas en Galicia e no Norte de Portugal. A problemática vén definida polo carácter rural desta zona. A PONTE é un esforzo de concienciación, formación e divulgación das novas tecnoloxías. A través de servizos de apoio, accións de diseminación e experiencias pedagóxicas que se realizarán nos Centros de Educación Secundaria identificaranse os posibles beneficios do uso das TIC para o sistema educativo. A PONTE, ademais, servirá para aportar experiencias a rexións similares en Europa.

As TIC aplicaranse para:

Mellorar a comunicación entre as comunidades e as institucións educativa;
facilitar a colaboración a distancia tanto a nivel rexional como a nivel europeo;  
dar acceso ós recursos electrónicos (Web, Internet) relacionados co ensino;
prover formación no uso das TIC no Ensino Secundario.

O proxecto A PONTE está financiado pola Comisión Europea a través do Programa Europeo ESPRIT. O 1 de outubro de 1998 todas as partes involucradas no proxecto A PONTE asinaron o convenio que regula a súa xestión e execución. O proxecto A PONTE estenderase ata setembro do ano 2000.

A PONTE contempla a realización dunha análise de necesidades educativas. Identificadas estas, definiranse experiencias pedagóxicas destinadas a testar a capacidade das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) para aportar solucións á poboación A PONTE. As experiencias faranse e avaliaranse ao longo do curso 1999-2000.

Workshops A PONTE

Ao longo do proxecto celebraranse 3 reunións de traballo ("Workshops") co persoal dos centros E.S.O. designados para o proxecto. Os obxectivos das reunións son a diseminación e presentación dos resultados obtidos ao longo do proxecto, o apoio e soporte para o persoal involucrado no proxecto e a discusión e intercambio de experiencias.

A PONTE- Institucións Involucradas

No proxecto A PONTE participan o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Associaçâo das Universidaes da Regiâo Norte de Portugal (AURN), SEMA Group, a Context European Educational Ltd. (CEEL), e o South Bristol Learning Network (SBLN).

O CESGA conta co apoio no desenvolvemento do proxecto da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (D.X. Ordenación Educativa e Formación Profesional), da Consellaría de Presidencia e Administración Pública (DX Organización e Sistemas Informáticos), e da Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo (DX Comunicación Social e Audiovisual). O CESGA conta ademais coa colaboración e o asesoramento de expertos do Sistema Universitario de Galicia.

Actualizado ( 28.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA