O día 4 de marzo a Asociación de Industrias Electrónicas e de Comunicacións presentará no CESGA o Sistema Innova. Este sistema foi desenvolvido pola "Oficina de Transferencia de Resultados de la Investigación" (OTRI) da Asociación Nacional de Industrias Electrónicas e de Telecomunicacións (ANIEL).
O Sistema Innova chega a Galicia da man da Secretaria Xeral de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Consellaría de Presidencia, Xunta de Galicia, coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia.
O Acto será presidido por D. Miguel Angel Ríos, Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Presentarán as súas experiencias en innovación tecnolóxica no sector da electrónica e as telecomunicacións:
Juan Gascón, Subdirector de ANIEL e Director de FTI (Fundación Tecnologías de la Información).
D. Ramón Lois (Televés Xefe do Departamento de Antenas).
D. Julio Espinosa (Intelsis, Responsable do Departamento de I+D).
D. Alfonso Molina (Arteixo, Responsable do Departamento de I+D).
Ao acto de presentación asistirán directivos e investigadores dos centros de investigación de Galicia e representantes das empresas do sector en Galicia.
O Sistema Innova é unha ferramenta informática que busca:
Estreitar a cooperación entre os productores de tecnoloxía e os científicos que traballan en liñas de investigación de interese para a industria e os mercados.
Fomentar o trasvase de coñecementos entre os axentes dos contornos productivo e científico.
Difundir a demanda tecnolóxica do sector e a oferta de resultados de investigación dos científicos.
Promover o establecemento de acordos de cooperación entre as empresas e as institucións do contorno científico.
Detectar as tendencias futuras en materia tecnolóxica.
Preparar os recursos humanos das empresas para as tecnoloxías futuras.
Realizar tarefas de formación e concienciación sobre a importancia da cooperación Universidade/Empresa/Centros de Investigación. |