Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » Computación » Novo servidor SMP SUN HPC4500
Destacados

Conectados
1735 visitantes
Total desde 21-12-05: 66459147 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Novo servidor SMP SUN HPC4500 PDF E-mail
A partires de hoxe 20 de xullo está dispoñible para os usuarios do CESGA o novo servidor de cálculo de tipo escalar SMP (memoria compartida) SUN HPC4500. Esta máquina dispón de 10 procesadores UltraSPARC II a 400 MHz con 4 MB de caché por procesador e unha memoria de 4 GB. Neste servidor atópanse xa dispoñibles as aplicacións MATLAB, ANSYS Multiphysics e GENESIS, así como os compiladores de FORTRAN 77, Fortran 90, C , C++ , HPF e as librerías matemáticas asociadas de SUN Microsystems.

O 26 de Xullo as aplicacións MATLAB e ANSYS deixarán de estar dispoñibles no multiprocesador paralelo de memoria distribuída Fujitsu AP3000 para encontrarse so no servidor SMP SUN HPC4500.

Para acceder ó novo servidor SMP SUN HPC4500, os usuarios deben facer telnet a hpc4500.cesga.es

Os usuarios que teñen conta no AP3000 do CESGA disporán automáticamente dunha conta no HPC4500 co mesmo password, e terán como directorio HOME o mesmo que xa tiñan no AP3000, xa que actualmente encóntrase compartido.

Inicialmente, o novo sistema utilizarase en modo interactivo sen límite de tempo de CPU nin de memoria, para que os usuarios se adapten á nova máquina. Durante o mes de agosto entrará en funcionamento o contorno batch, e se impedirá a execución de procesos pesados en modo interactivo. Igualmente, durante o mes de agosto, estará dispoñible o novo servidor de almacenamento do CESGA, polo que se verán resoltas as necesidades de almacenamento dos usuarios.

O novo sistema sufrirá diversas modificacións na súa configuración ó longo do mes de agosto polo que poderá ser preciso o apagado do mesmo nalgunha ocasión. Por isto, pregamos disculpen as posibles molestias que se lles poida ocasionar. Así mesmo pedimoslles abstéñanse de executar procesos excesivamente longos durante o mes de agosto.

Se na actualidade vostede non dispón de conta no AP3000 e desexa facer uso do novo servidor de cálculo escalar paralelo de memoria compartida SUN SMP HPC4500 pode solicitar conta de usuario enviando un correo a .

Modificado ( 17.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA