CESGA e imaxin|software asinan un convenio para desenvolver un sistema de xestión de proxectos en software libre para empresas TIC en plataforma Linux
O 17 de decembro, na Dirección Xeral de I+D, asinouse o convenio entre CESGA e imaxin|software, coa presencia de D. Pedro Merino, Director Xeral de I+D, D. Xavier García Tobío, Director do CESGA e D. José Ramom Pichel Campos, Director da área de tecnoloxía lingüística de imaxin|software.
Este sistema de xestión de proxectos resultado dun proceso de transferencia tecnolóxica, estará adaptado a empresas tic e mellorará a produtividade do tecido empresarial galego no sector.
A partir dunha aplicación de xestión de proxectos en software libre desenvolvida pola Fundación CESGA centrada en proxectos de investigación, imaxin|software ampliouna e adaptouna para fornecer ao sector das PEMES do sector das TIC dunha aplicación xestora de proxectos de desenvolvemento de software. A versión definitiva será finalizada en Xaneiro do 2005.