Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Aplicacións » O CESGA e TOWER TBA realizan Beta Tests do StreamStation
Destacados

Conectados
2794 visitantes
Total dende 21-12-05: 75357905 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

O CESGA e TOWER TBA realizan Beta Tests do StreamStation PDF E-mail
Como froito do convenio asinado entre o CESGA e a empresa TOWER TBA, o CESGA ten acceso ás tecnoloxías emerxentes da casa POLYSPAN antes de que estas saian ao mercado.

Así, o persoal técnico do CESGA e de TOWER TBA veñen realizando probas dun novo produto da casa POLYSPAN, o StreamStation. O StreamStation é un paquete pechado hard-soft deseñado para actuar como servidor de streaming. Esta nova tecnoloxía promete ser de gran utilidade en múltiples eidos como son a creación de campus virtuais, a tele-formación, a asistencia e participación en mesas redondas ou a presentación de produtos e servizos en remoto.

Grazas a diversas tecnoloxías de streaming pódense efectuar xa as seguintes funcións: (1) Emisión de imaxe e son en tempo real a usuarios, coa posibilidade de interacción escrita dende o PC do usuario co servidor do stream. (2) Almacenamento de vídeos e presentacións para a súa retransmisión en diferido a vontade do usuario. (3) Posibilidade de almacenamento de vídeos no PC do usuario.

Onte, 7 de marzo, realizaronse diferentes probas sobre a intranet do CESGA para comprobar as prestacións e deducir os requirimentos de mellora do equipo. Aínda que se detectaron problemas menores, dos cales xa se informou ao fabricante, en xeral os resultados da proba foron prometedores.

O obxectivo final do CESGA e comprobar a utilidade desta tecnoloxía para os usuarios da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA). Dado que a calidade dos streams depende en boa medida da conexión á rede dos PCs dos usuarios, os resultados das probas onte efectuadas sobre a intranet do CESGA non son xeralizables a RECETGA. Polo tanto, o CESGA realizará máis probas o longo deste mes de marzo coa colaboración dos usuarios da RECETGA.

Actualizado ( 09.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA