Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Projects » Proxecto e-CANNED: e-Business na industria conserveira de peixe
Highlights

Users Online
375 guests online
Total since 21-12-05: 75369055 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Proxecto e-CANNED: e-Business na industria conserveira de peixe PDF E-mail
A Unión Europea, a través do programa de Tecnoloxías da Sociedade da Información, finaciará con 900.000 euros o proxecto e-CANNED: e-Business na industria conserveira de peixe, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O proxecto pretende identificar, demostrar e cuantificar as vantaxes do comercio electrónico no sector conserveiro de peixe, e incrementar o coñecemento das posibilidades que as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións proporcionan hoxe a este mercado.

O proxecto ten como obxectivos finais dinamizar e ampliar o mercado de provedores de produtos conxelados, reducir o custo e tempo de almacenamento da materia prima conxelada e incrementar o número de clientes e vendas do produto final.

Para isto, desenvolveranse e implantaranse aplicacións de xestión de información en rede nas Pemes participantes que permitan unha integración máis axil, flexible e dinámica das distintas fases do proceso de negocio. Con este fin, adoptaranse iniciativas orientadas aos procesos Business to Business (B2B) e aos procesos Business to Client (B2C).

Entre as iniciativas B2B, cabe destacar a creación de mercados na World Wide Web (WWW) con información actualizada en tempo real sobre a oferta e a demanda, nos que se poidan realizar pedidos e transaccións electrónicas de modo que a xestión de compras e almacenamento de materia prima conxelada se axusten aos principios «Kanban» ou «Just in time» permitíndolles así aos fabricantes reducir os custos de almacenamento nas naves de frío.

No tocante aos procesos B2C, está prevista a creación dun supermercado virtual para a venda de produtos de conserva en Internet, ao que terán acceso todos os clientes actuais e potenciais. Este sistema servirá para axilizar e abaratar o proceso de vendas. Este supermercado virtual servirá ademais como ariete para entrar en novos mercados.
O CESGA e Sema Group actúan como provedores de tecnoloxía, detectando e adaptando aplicacións e tecnoloxías aos obxectivos e ao contorno das Pemes involucradas no proxecto.

ANFACO, como catalizador da implantación, coordinará as accións entre os fabricantes de conservas. As Pemes participantes, coa axuda dos provedores tecnolóxicos, integrarán as aplicacións resultantes no seu proceso de negocio e avaliarán o seu impacto.

A consecución deste proxecto só foi posible grazas ao pulo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e ao activo compromiso e participación dos cadros directivos das Pemes involucradas: Antonio Alonso, Modesto Carrodeguas, Justo López Valcárcel, Vasco da Gama e Escurís.

Last Updated ( 13.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA