O día 4 de maio tivo lugar unha xuntanza de traballo na que se impartiu aos "ponteiros" un seminario de creación de páxinas HTML. Este seminario pódese consultar na páxina http://www.aponte.paisvirtual.com. Realizouse tamén un intercambio de enlaces a recursos educativos en Internet, que se poden consultar na dirección http://www.aponte.org/enlaces/enlaces.html.
Ademais, desenvolvéronse varias mesas redondas, nas que os centros A PONTE foron os protagonistas, e nas que se expuxeron diferentes puntos de vista sobre as novas tecnoloxías e a educación. O día 5 tivo lugar a terceira revisión do proxecto por parte da Comisión europea, que se saldou con resultado positivo, xa que deu luz verde para seguir ata setembro, momento no que rematará oficilamente o proxecto.
Por outra parte, publicarase en novembro deste ano un especial da revista europea CONTEXT (http://www.context-europe.org/) que está especializada en educación e novas tecnoloxías. Nesa edición incluiranse varios artigos que escribirán os centros A PONTE relatando a súa experiencia no proxecto.