Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » Comunicaciones » Rede de Observación Metereolóxica e Climatolóxica
Destacados

Conectados
366 visitantes
Total desde 21-12-05: 66680023 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Rede de Observación Metereolóxica e Climatolóxica PDF E-mail
A Consellaría de Medio Ambiente decidiu poñer en marcha un proxecto para o desenvolvemento da súa rede de observación meteorolóxica e climatolóxica, así como para contar cunha predición meteorolóxica propia. Este proxecto, que estará ubicado no Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, conta coa participación do Grupo de Física Non Lineal da USC, liderado por Vicente Pérez Muñuzuri, no tocante á preparación da predición numérica.

A Consellaría de Medio Ambiente asinou un acordo de colaboración co CESGA para a utilización dos seus equipos de supercomputación con este fin.

O Grupo de Física Non Lineal da Facultade de Física vén de cambiar o seu servidor de información meteorolóxica, incorporando algunhas novas seccións. Esta páxina inclúe unha predición a 24 horas que se actualiza cada día ás 12h.

Todos aqueles que queiran visitar esta páxina poden facelo na seguinte dirección: http://fmmortad.usc.es/meteo

PREDICCIÓN NUMÉRICA

O grupo de Física non Lineal da USC, liderado por Vicente Pérez Muñuzuri, desenvolve un proxecto que ten como principal obxectivo acadar unha predicción meteorolóxica detallada para a comunidade galega; unha predicción na que quede reflectida a diversidade climatolóxica característica de Galicia.

Para realiza-la predicción execútase diariamente no VPP300E instalado no CESGA un modelo numérico de predicción non hidrostático cunha resolución de 10Km co que se obtén un prognóstico para o día seguinte das diferentes variables meteorolóxicas: temperatura, dirección e velocidade do vento, humidade, nubosidade, precipitacións, etc...

O modelo de predicción empregado é o ARPS (Advanced Regional Prediction of Storms), que inclúe as parametrizacións físicas suficientes para a descrición dos movementos atmosféricos nunha topografía tan complexa como a galega. Este modelo, orixinario da Universidade de Oklahoma, foi optimizado polos membros do Grupo de Física non Lineal da USC para obter unha predicción a 24 horas cun gasto computacional mínimo que permita ós meteorólogos o tempo necesario para facer unha valoración dos resultados e redactar unha predición diaria, de xeito que tódolos días a primeira hora da mañá se dispoña dunha predicción detallada para as seguintes 24 horas.

Como resultado da labor de optimización o tempo de cálculo no VPP300E necesario para completar un día de predicción é de 80 minutos. Na execución acádase unha vectorización do 82%. Diariamente é necesario almacena-los datos de inicialización e os datos de saída dos modelos meteorolóxicos. Así precísase dispor dunha grande capacidade de almacenamento para o que se emprega o servidor de almacenamento masivo con capacidade de ata 8TB instalado no CESGA.

Modificado ( 12.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA