Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Cursos e Eventos » Paraiso v3
Destacados

Conectados
381 visitantes
Total dende 21-12-05: 75368461 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Paraiso v3 PDF E-mail
USC, CESGA e FECIT presentan “PARAISO v3”, unha ferramenta de programación que simplifica e fai máis accesible o uso dos superordenadores.

Antonio Blanco da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento presidirá o acto de presentación deste innovador desenvolvemento.

O Dr. Francisco Fernández Rivera do Dpto. de Electrónica e Computación da USC, Javier García Tobío do CESGA e Cliff Addison de FECIT (Fujitsu European Centre for Information Technologies) presentarán mañá, ás 12:00 mércores 20 de setembro no CESGA unha ferramenta de programación que facilita o uso óptimo dos superordenadores.

Este desenvolvemento produciuse como resultado da colaboración de tres anos de duración entre o CESGA, a Universidade de Santiago e o FECIT (Centro Europeo de Tecnologías de la Información de la multinacional nipona Fujitsu) e contou co soporte da Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia.

No desenvolvemento de PARAISO, que supuxo unha inversión superior a 21 millóns de pesetas, traballou durante dous anos un equipo de 12 investigadores en electrónica e supercomputación e consumíronse máis de 4.000 horas de computación.

PARAISO introduce innovacións na programación paralela que decididamente facilitarán o uso óptimo dos superordenadores. O programa permite predecir o custo computacional (o total de horas de cálculo que necesitan os superordenadores) da resolución de diversos problemas de cálculo de gran envergadura.

Investigadores de diversos campos non relacionados coa computación utilizan cada vez con máis frecuencia os superordenadores para a modelización e simulación de sistemas e para a resolución de problemas complexos. Frecuentemente estes investigadores non son especialistas en programación de superordenadores; neste feito estriba a relevancia de programas como PARAISO, que farán que economistas, demógrafos, meteorólogos, químicos, ecólogos ou enxeñeiros poidan programar os ordenadores con máis facilidade e obter mellores prestacións na execución dos seus cálculos.

O equipo de investigación do Dr. Rivera, do que forman parte Tomás Fernández Pena, José Carlos Cabaleiro Domínguez, Vicente Blanco Pérez, Dora Blanco Heras, Juan José Pombo García, Patricia González Gómez, Marcos Boullón Magán bautizou a ferramenta co nome de PARAISO.

Actualizado ( 16.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA