Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Projects » Presentación das conclusións e resultados do proxecto A PONTE na Conferencia Final
Highlights

Users Online
303 guests online
Total since 21-12-05: 74815128 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Presentación das conclusións e resultados do proxecto A PONTE na Conferencia Final PDF E-mail

O venres 22 de setembro presentaranse as conclusións e resultados do proxecto europeo A PONTE na conferencia final do mesmo que se celebrará no recinto feiral de Lugo. O interese da Unión Europea neste proxecto baséase na necesidade de aprender recollendo datos de experiencias reais de cara ao desplegue masivo destas tecnoloxías en áreas rurais de similares características no resto da Unión. O principal obxectivo deste proxecto foi analizar as vantaxes e inconvenientes do uso das novas tecnoloxías da información e as comunicacións nos centros de educación das áreas rurais da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

A Unión Europea entende necesaria a monitorización e avaliación dunha experiencia real de achegamento destas tecnoloxías á poboación das zonas máis desfavorecidas para mellorar as oportunidades de formación e evitar efectos de "fractura social" no limiar da sociedade da información e do coñecemento.

A labor de análise levouse a fin a través da realización dunha experiencia práctica que consistiu na instalación de equipos conectados á rede en 16 centros galegos e 12 portugueses e na utilización desta tecnoloxía no desenvolvemento da actividade docente.

No desenvolvemento, seguimento e documentación de cada paso do proxecto colaborou un nutrido grupo de profesionais de diversas institucións:

Técnicos da Consellaría de Educación instalaron PCs multimedia e redes de área local nos centros. Especialistas en programas europeos desta Consellaría participaron nas accións de intercambio cultural.

Técnicos do CESGA seguiron de perto a instalación dos equipos, redes de área local e conexións RDSI nos centros. Persoal do CESGA impartiu formación e diu soporte técnico ós profesores involucrados no proxecto. O CESGA, ademais, instalou e impartiu formación no uso de equipos de videoconferencia en catro centros.

O creador multimedia inglés, SBLN creou un CD-ROM de auto-estudo para a formación no uso das novas tecnoloxías de alumnos e profesores.

A multinacional de desenvolvemento de software SEMA Group creou un espazo virtual de traballo / ensino colaborativo en rede chamado Aula A PONTE que os centros utilizaron no desenvolvemento das experiencias pedagóxicas.

Pedagogos da Universidade de Santiago e da AURN deseñaron experiencias pedagóxicas e realizaron un exhaustivo seguimento da realización das mesmas nos centros.

Do proceso de instalación dos equipos, da súa conexión á rede de redes, das accións de formación do profesorado e da realización das actividades docentes utilizando as novas tecnoloxías a pé de aula, destílanse os resultados e conclusións que serán remitidos á U.E. e que serán presentados o 22 de setembro na conferencia final do proxecto.

O proxecto desenvolveuse de modo óptimo nos centros nos que confluíron os factores que a continuación se describen e que parecen necesarios para crear a sinerxia que garantice a exitosa adopción de novas tecnoloxías na educación:

1. Os centros contaban cun espazo dedicado para a instalación dos equipos.

2. O espazo dedicado tivo un uso exclusivamente docente.

3. Os centros contaron con asistencia técnica in situ para a instalación, configuración e posta en marcha dos equipos.

4. Os profesores contaron con suficientes oportunidades de formación presencial no uso das novas tecnoloxías.

5. Os profesores contaron con suficientes materiais de apoio para o auto-estudo.

6. Os profesores contaron cunha liña aberta de apoio técnico ao longo de todo o proxecto.

7. Os horarios do acceso ás salas e das rutas de transporte escolar permitiron suficientes oportunidades de acceso a alumnos e profesores.

8. A estrutura dos horarios lectivos adaptouse para poder acoller a experiencia.

9. A experiencia contou co compromiso da dirección e apoio das Asociaciónss de Pais de Alumnos nos centros.

10. Os docentes adoptaron as vantaxes e aplicacións das TIC na súa práctica docente diaria.

11. Os profesores amosáronse flexibles á hora de modificar e adaptar a súa metodoloxía pedagóxica á nova estrutura das clases.

A PONTE foi promovido pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, financiado pola Unión Europea a través do programa ESPRIT e liderado en Galicia polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

No proxecto participaron, ademais do CESGA, a Associação das Universidades da Região Norte (AURN), SEMA Group, multinacional dedicada ao desenvolvemento de software, Context European Educational (CEEL) e o South Bristol Learning Network (SBLN).

O permanente apoio e cooperación da Consellaría de Educación e do Ministerio de Educación de Portugal permitiron o normal desenvolvemento deste proxecto.

No sitio web do proxecto (www.aponte.org) encontrarán ampla información acerca do proxecto. Ademais, neste sitio pódese consultar o programa da conferencia final.

Máis información contactando a:

Fernando Bouzas (CESGA) 981 56 98 10

Na conferencia final atoparanse á disposición dos medios os seguientes participantes no proxecto:

Win Jansen, Xestor de Proxectos da Unión Europea

José María Cavanillas, Consultor Senior, SEMA Group

Javier García Tobío, Director, CESGA

Mª José Rodríguez Malmierca, Analista Informático, CESGA

Miguel Angel Santos, Director ICE, pedagogo, Universidade de Santiago

Eduardo Pinheiro, pedagogo, AURN

Profesores e alumnos dos centros involucrados no proxecto.

Last Updated ( 13.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA