Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Projects » O Proxecto Europeo METAFOR arranca en Galicia
Highlights

Users Online
399 guests online
Total since 21-12-05: 74815804 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

O Proxecto Europeo METAFOR arranca en Galicia PDF E-mail

No marco do "Kick Off Meeting" do proxecto, celebrado o 14 e 15 de Marzo no CESGA, o Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e presidente do CESGA, Miguel Angel Ríos Fernández, presentoulles aos medios o Proxecto METAFOR.

A Comunidade Europea asignoulles ao CESGA e á Aula de Productos Lácteos da USC en Lugo o desenvolvemento deste proxecto. Adicionalmente, na presentación interviñeron Javier García Tobío, Director do CESGA, Mª José Rodríguez Malmierca, Técnico do CESGA, e Juan Méndez, Xerente da Aula de Productos Lácteos.

Obxectivos do Proxecto

O proxecto METAFOR ten como principais obxectivos:

Construír unha solución tecnolóxica óptima para teleformación vía satélite nas industrias agroalimentarias implantadas en contornos rurais. Avaliar os custos de implantación e o funcionamento desta solución tecnolóxica. Demostrar as bondades pedagóxicas do sistema. METAFOR terá unha duración de 20 meses e rematará en setembro de 2002

Beneficiarios

METAFOR levará contidos de formación de alta calidade (cursos vía web, vídeos formativos con calidade televisión dixital, libros e manuais electrónicos, etc.) a 65 industrias e centros de formación do sector agroalimentario en áreas rurais de Suecia, Francia, Catalunya e Galicia. Por parte de Galicia intervirán no proxecto 10 industrias e centros de formación do sector agroalimentario.

Un dos criterios de selección dos centros/industrias participantes será o grao de dificultade e o elevado custo que suporía chegar a estes puntos con accesos convencionais á rede de banda ancha como fibra óptica ou radio enlaces.

Financiación

METAFOR conta cunha financiación total de 410 millóns de pesetas dos que 75 serán investidos en Galicia.

Participantes no proxecto

AULA DE PRODUCTOS LÁCTEOS da USC
CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA (CESGA)
A multinacional ALCATEL SPACE, (Francia) coordinador xeral do proxecto que se encargará de transmisión por satélite e do desenvolvemento da solución tecnolóxica
CNERTA, organismo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca de Francia
VIVIANCE, tamén francesa e que proporciona solucións personais de ensino a distancia
RENATER, a rede académica de investigación francesa
SVERIGES LANTBRAKS UNIVERSITET, a Universidade Sueca de Ciencias Agrícolas
MÓN BLAU VERT, organismo dependente da Generalitat de Catalunya

Last Updated ( 16.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA