Software Interactivo para a definición dunha colección de pórticos de aceiro de deseño óptimo
O obxectivo deste proxecto é a realización dunha aplicación informática denominada PADO, acrónimo de Pórticos de Aceiro de Deseño óptimo, que terá como finalidade elaborar unha colección de estructuras porticadas de aceiro na que o rendemento frente a tódolos requirimentos normativos e constructivos sexa óptimo. O programa é aplicable ó proxecto de pórticos de aceiro mediante seccións de ala ancha, de canto constante ou variable, realizadas con perfís de serie ou vigas armadas constituidas por chapa soldada. Deste xeito abránguese o conxunto máis habitual das tipoloxías estructurais que se utilizan máis frecuentemente na construcción. O programa estará preparado totalmente para o seu uso nun ordenador persoal do tipo dos empregados nas oficinas técnicas das empresas de construcción ou gabinetes de enxeñeiros ou arquitectos.
Con isto, a empresa disporá dunha metodoloxía de deseño máis eficaz que a actual, verá mellorado o seu nivel tecnolóxico e gañará en competividade ó obter un producto industrial mellor que o existente ó poder calcula-los pórticos das naves industriais do xeito máis óptimo posible nun tempo reducido, a un prezo máis baixo e cun prazo de entrega menor sen reduci-la sña calidade e seguridade.
É importante destacar que este tipo de software é innovador no mundo da construcción metálica, aínda que hai tempo que se emprega noutros sectores industriais como son o automovilístico ou o sector aeroespacial.