Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
2511 visitantes
Total dende 21-12-05: 73782561 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Unha ducia de sistemas superan xa a barreira de 1 Teraflops PDF E-mail
No que se ten tornado no máis anticipado evento no mundo da supercomputación, o pasado 21 de xuño presentouse a decimoséptima edición da lista TOP500. A lista TOP500 confecciónase semestralmente e presenta os cincocentos superordenadores máis rápidos do momento.

Nesta edición, IBM ocupa o máximo posto de liderado co 40% de sistemas instalados e o 43 % da potencia total (en GFLOPS) reflectida na lista. Sun Microsystems sitúase en segundo lugar no tocante a sistemas instalados co 16%. Mentres Cray Inc. retén o segundo lugar no tocante a potencia total co 13% dos GFLOPS. SGI Inc. posicionouse no terceiro posto tanto en sistemas instalados cun total de 63 (12.6 %) como en potencia (10.2%).

Hans Meuer da University of Mannheim, Erich Strohmaier e Horst Simon do U.S. Department of Energy, National Energy Research Scientific Computing Center, e Jack Dongarra da University of Tennessee son os autores desta relación de sistemas. A lista foi desvelada e analizada na Supercomputer 2001 Conference en Heidelberg.

No cumio da lista atópanse catro sistemas desenvolvidos no marco do Proxecto ASCI (Accelerated Strategic Computing Initiative), promovido polo U.S. Department of Energy. O sistema IBM ASCI White instalado no Lawrence Livermore National Laboratory mantense como o superordenador número un en potencia no mundo cunha capacidade de cálculo incrementada ata os 7.2 teraflops (billóns de operacións de punto flotante por segundo) no benchmark Linpack. O posto número dous foi tomado por un novo sistema IBM SP instalado no NERSCáLBNL. No número cinco atopámonos cun novo Hitachi SR8000áMPP na University of Tokyo. No oitavo posto da lista sitúase un sistema vectorial SX5 da casa NEC. Este é o primeiro sistema de arquitectua vectorial que rompe a barreira do teraflop.

A lista conten agora un total de 12 sistemas que exceden 1 teraflop de potencia sostida empregando o Linpack, e un total de 25 sistemas que exceden esta magnitude en potencia pico teórica. A lista amosa crecemento continuado en tódolos rangos de potencia. A potencia total combinada dos 500 superordenadores da lista é de 108.8 Tflops cando na lista anterior era de 88.1 Tflops. Cento trinta e dous sistemas presentes na anterior edición caeron da lista na edición de xuño. O sistema máis lento presente conta cunha capacidade de cálculo de 67.8 gigaflops, que comparado cos 55 Gflops da lista de hai 6 meses e os 43.82 Gflops da de xuño de 2000 supón un excepcional crecemento en potencia (www.top500.org).

Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA