O xoves, 8 de novembro de 2001, ás 11:00 h., reuníronse nas instalacións deste Centro, en Santiago de Compostela, máis de 30 investigadores que desempeñan o seu labor nas tres universidades galegas, en diversos centros do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e en laboratorios de investigación de complexos hospitalarios. Na reunión estiveron presentes investigadores das áreas de Química, Bioloxía, Ciencias da Saúde, Matemática e Ciencias da Computación. Como resultado da reunión, na que os investigadores acturaron en representación propia, constituíuse a REDE GALEGA DE BIOINFORMATICA.
A REDE GALEGA DE BIOINFORMATICA é unha Rede Temática que ten como principal obxectivo coordinar os esforzos da comunidade investigadora galega nesta área, a formación de investigadores, a relación con outras redes e o fomento desta disciplina nas institucións, empresas e na sociedade en xeral.
A Constitución desta Rede Temática conta co apoio da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.
O CESGA, xunto co Foro Científico-Tecnoloxíco, vén dando apoio a esta iniciativa a través da coordinación de accións e a organización dos Foros relacionados coa Bioinformática.
A Rede constituíuse como unha comunidade de investigadores aberta. Se ten interese en formar parte dela, pode contactar co CESGA a través do enderezo fbouzas@cesga.es |