Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » General » Presentación Anuario CESGA
Destacados

Conectados
1791 visitantes
Total desde 21-12-05: 65369357 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Presentación Anuario CESGA PDF E-mail
O CESGA presentou hoxe o anuario no que se resume a súa actividade no ano 1999.

O ano 99 estivo marcado por un forte incremento da actividade nas seguintes áreas:

  • Cálculo Científico: Rexistrouse un aumento en máis do dobre das horas de cálculo utilizadas, ascendendo o número total de horas a 133. 117. Un total de 166 grupos de investigación realizaron máis de 580.000 billóns de operacións matemáticas utilizando os superordenadores do CESGA. Estas operacións executáronse na realización de traballos de investigación en áreas como por exemplo: Simulación de procesos de oxidación, Simulación de procesos de esterilización de alimentos, Simulación de deseño de pezas e moldes de cerámica, Modelización de fauna parasita en peixes nas rías de Noia, Muros e Arousa, simulación de procesos biofísicos en ataques de epilepsia, etc.
  • Comunicacións: A "Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia" incorporou 10 novos centros de investigación e o intercambio de tráfico de rede entre esta Rede e a rede española académico científica RedIRIS incrementouse en máis de un 50%.
  • Recursos: No ano 99 o Centro instalou un novo superordenador, o SUN HPC 4500. Ademáis, o centro puxo a disposición dos usuarios un servidor de almacenamento con capacidade para máis de 8 Terabytes (o que equivale a unha enciclopedia de 1 millón de tomos con 500 páxinas cada un).
 
Premios á excelencia en Supercomputación
 
No  mesmo acto de presentación do anuario o Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento e Presidente do CESGA, Miguel Angel Ríos e a Coordinadora Institucional do Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Galicia, Mª Cruz Mato, entregaron os Premios á Excelencia en Supercomputación. Estos premios teñen como principal obxectivo recoñecer o esforzo, dedicación, imaxinación e bo facer técnico dos investigadores no uso dos recursos de cálculo intensivo instalados no CESGA.
 
Tiveron acceso a esta convocatoria todos os investigadores das universidades galegas, dos centros de investigación da Xunta de Galicia e dos centros de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas que realizaron traballos de investigación ó longo do ano 1999 empregando os superordenadores do CESGA.
 
Todos os traballos presentados a esta convocatoria están publicados en formato electrónico e pódense consultar visitando esta web  www.cesga.es/ga/Proxectos/Usuarios.html. Na selección dos traballos premiados valorouse tanto o grao de optimización no uso dos recursos de cálculo como o obxectivo e alcance do proxecto de investigación.
 
O equipo de Vicente Pérez Muñuzuri do Grupo de Física non Lineal, Departamento de Física da Materia Condensada, Universidade de Santiago, obtivo o primeiro premio, dotado con 200.000 Ptas., polo seu traballo «Establecemento de modelos de predicción meteorolóxica e sistemática de análise da información da Rede automática de observación meteorolóxica». Como resultado deste traballo, todos os días se realiza una predicción meteorolóxica de alta precisión para Galicia tomando en consideración os microclimas existentes na zona.
 
O segundo premio, dotado con 100.000 Ptas., foille concedido o equipo de Enrique Fuente do Instituto Nacional del Carbón do Consejo Superior de Investigaciones Científicas polo seu traballo «Centros Básicos en Materiales Carbonosos y Nuevas Superbases Orgánicas». Froito deste traballo  presentouse a patente dun composto tipo pirona para o seu uso como superbase orgánica en procesos industriais.
 
Estes premios contaron co patrocinio de SUN Microsystems España.
Modificado ( 19.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA