Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home
Highlights

Users Online
1225 guests online
Total since 21-12-05: 73790078 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

O Foro SI-Galicia Impulsa a Creación dun Punto Neutro de Internet PDF E-mail
Unha das demandas máis extendidas entre os internautas é a rapidez e a eficacia dos envíos de información a través de internet. O Foro SI-Galicia está a impulsa-la creación dun punto neutro, o GALNIX, para que as comunicacións electrónicas entre dous puntos dentro da Comunidade non teñan que facer longos percorridos e para que as redes principais non se saturen.

Galicia impulsa a creación dun punto neutro para o intercambio de información en internet
Santiago 15 de xaneiro de 2002.- Ata hai ben pouco, un correo electrónico enviado entre dous usuarios residentes en Galicia e conectados a diferentes operadoras de telecomunicacións podía viaxar ata Holanda ou Estados Unidos antes de voltar aquí para ser entregado ó seu destinatario. Para evitar situacións como esta créanse os puntos neutros de intercambio de tráfico en internet. O Foro para a Extensión da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico en Galicia (Foro SI-Galicia), liderado pola Secretaría Xeral de I+D, está a impulsa-la posta en marcha do GALNIX (Galician Neutral Internet Exchange Point), o Punto Neutro Galego de Intercambio en Internet, que conta co apoio de varias importantes compañías operadoras de telecomunicacións e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
 
Máis rápido e mellor
Un punto neutro de intercambio de tráfico de internet é unha infraestructura de rede operada por unha única entidade co propósito de facilita-lo fluxo de información entre usuarios de distintos operadores de telecomunicacións. Noutras palabras, os puntos neutros interconectan as redes de diversos operadores. Trátase de nós nos que conflúen redes varias para xestiona-lo tráfico da información enviada e solicitada polos usuarios.
 
Co permanente incremento de internautas e servidores de información presentes en internet, as redes tenden á saturación, o que supón un deterioro no servicio ó usuario. Os puntos neutros alivian estes problemas descargando das redes principais o tráfico local ó permitir o intercambio da información máis preto do usuario. Ó se reducir os percorridos pola rede, faise máis improbable tamén a posibilidade de atoparse cun dos múltiples embotellamentos existentes con frecuencia en internet.
 
Cos puntos neutros, o tráfico de internet entre usuarios de diferentes operadores dunha mesma área xeográfica pódese encamiñar localmente e non se ve obrigado a percorrer centos ou miles de kilómetros a través de diversas redes. Deste xeito, os usuarios ven reducidos os tempos de acceso ó servicios de internet. Ademais, diminúe o tráfico que pasa polas redes principais, co que se optimiza o ancho de banda para os accesos a través destas. As liñas que conforman as redes principais son as de maior custe de tódalas que forman a rede de redes e son tamén as que teñen uns anchos de banda máis limitados xa que, aínda que normalmente permiten grandes caudales de transmisión, o seu uso é compartido por un moi elevado número de usuarios simultáneos.
 
En definitiva, os puntos neutros achegan os contidos ós usuarios, optimizan o uso do caudal de transmisión das redes principais e en xeral melloran a calidade e a velocidade de acceso ós servicios da Internet. É por esto que os puntos neutros de intercambio de tráfico constitúen unha infraestructura de rede fundamental en calquera Comunidade que se teña posto como obxectivo estratéxico promove-lo avance da sociedade da información. Un punto neutro instalado en Galicia permitiría achega-lo mundo académico-científico ós entornos empresarial e industrial galegos, xa que estes conviven hoxe en redes de diferentes operadores de telecomunicacións. En consecuencia, o punto neutro é considerado coma unha infraestructura estratéxica para o desenvolvemento do Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia.
 
O ESPANIX e o CATNIX
Nos últimos tres anos, os principais proveedores de servicios de internet en Europa fixeron un importante esforzo común por instalar puntos neutros nos que intercambia-lo tráfico que xestionan. Estes puntos están espallados por todo o territorio do continente e o seu número vén medrando de xeito constante dende hai uns anos, xa que están considerados polos operadores coma un elemento da maior importancia para mellora-lo servicio ó usuario. Representan un deses casos, cada día máis comúns, nos que tradicionalmente feroces competidores deciden abordar colaboracións puntuais en beneficio de tódolos usuarios de internet establecendo sinerxias entre eles.
 
En España existen hoxe dous puntos neutros operativos: o ESPANIX, en Madrid, e o CATNIX, en Barcelona. Ademais destes, existe un número importante de iniciativas para instalar outros puntos neutros pola xeografía española. O Foro SI-Galicia tenta extende-la iniciativa a Galicia apoiándose en boa parte dos principais operadores presentes no territorio, que forman parte dos seus membros, e no CESGA.
 
En termos xerais, un punto neutro consta, fisicamente, do seguinte equipamento: un conmutador central e un router por cada un dos operadores de telecomunicación conectados a el. O funcionamento correcto destes equipos é monitorizado por unha entidade con capacidade e experiencia tecnolóxica demostrada e considerada neutral que ten como misión xestionar e dar soporte tecnolóxico ó punto neutro. Normalmente as entidades que xestionan puntos de intercambio de tráfico son axentes neutrais na batalla que os operadores libran no mercado por gañar clientes e usuarios.
 
No caso dos puntos neutros operativos en España, Eurociber (axente tecnolóxico nacido no seo de Banesto) xestiona o ESPANIX, no que intercambian tráfico 30 operadores de telecomunicacións e provedores de servicios de internet, e o CESCA (Centre de Supercomputació de Catalunya) xestiona o CATNIX, no que intercambian tráfico 14 operadores e provedores.
 
Na actualidade xa se pode observar como as solicitudes de usuarios galegos a servidores en Galicia que viaxan a través do punto neutro ESPANIX ven reducido a máis da metade o numero de pasos antes de ser entregados ó servidor. Coa instalación dun punto neutro en Galicia o número de saltos será moito máis reducido.
O Foro SI-Galicia
O Foro Si-Galicia quedou constituido no mes de maio do ano pasado a iniciativa da Secretaría Xeral de I+D. Os seus obxectivos tradúcense nunha política de integración cooperativa que abarque o maior número posible de accións e de axentes públicos e privados. Neste sentido, traballa en base a iniciativas que beneficien a tódolos participantes sen que se vexa afectada a libre competencia, como é o caso do punto neutro.
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA