Instalada unha nova versión de Cambridge Structural Database (CSD)
Procedeuse a instalar a nova versión de Cambridge Structural Database (CSD) correspondente a abril 2002. Para consultar as modificacións engadidas a esta nova versión, véxase http://www.ccdc.cam.ac.uk/support/release.html
Como novidades importantes:
1. A seguinte revisión será en Novembro do 2002. A partir desa data só haberá actualizacións do software anualmente.
2. A actualización da base de datos será máis frecuente a través de actualizacións regulares. Estas actualizacións serán anunciadas cando sexan instaladas no CESGA. Para ver as actualizacións dispoñibles débese acudir á opción do menu "view Databases".
3. As búsquedas poderanse realizar só nas actualizacións ou conxuntamente coa base de datos principal. Estas opcións contrólanse a través de "Search Setup".
4. Non se distribuirá máis a versión en código fonte. Só executables.
Á versión anterior do programa e base de datos pódese acceder (ata a caducidade da licencia) seleccionando como directorio do CSD o siguinte: /DB1/cambridge.noviembre2001.
Se atopa algún problema no novo software ou a base de datos, non dubide en poñerse en contacto con .