Recentemente procedeuse á ampliacion da capacidade do sistema de almacenamento, mediante a incorporacion de 70 novas cintas 9840, polo que a capacidade total do sistema é de 15 Terabytes con compresión 2:1 (7,5 Terabytes sen compresión). Tamén procedeuse a ampliar a memoria do sistema de xestión de almacenamento ata 1,7 GB coa finalidade de mellorar a velocidade e capacidade de procesamento.
Esta primeira fase verase complementada no mes de outubro cunha nova ampliacion da capacidade do sistema robótico de cintas que permitira superar os 15 TB de capacidade (sen compresion).