Aumento do tempo de execución para traballos en SVG
Despois dun período de probas do sistema, auméntanse os límites de tempo de execución no supercomputador SVG até os seguintes valores:
- traballos secuenciais sen checkpoint: 300 horas,
- traballos secuenciais con checkpoint: 1000 horas,
- traballos de 2 a 4 procesadores: 200 horas,
- traballos de 5 a 8 procesadores: 100 horas,
- trabajos de 9 a 16 procesadores: 50 horas,
- traballos de 17 a 24 procesadores: 25 horas.