O 8 de xuño celébrase, ao longo e ancho de internet, o Día Mundial de IPv6. Grandes provedores de Internet como Google Facebook, Yahoo! e Limelight Networks estarán entre as maiores organizacións que ofrecerán os seus contidos en IPv6 durante o día 8, participando nun test que durará 24 horas. O obxectivo principal da devandita celebración é concienciar a usuarios, provedores de contidos e especialmente aos provedores de acceso a Internet, da necesidade de actualizar os seus equipos para que funcionen de acordo á nova versión do protocolo fundamental: IP (Protocolo Internet). A versión anterior, coñecida como IPv4 quedouse curta en varios aspectos. Destes, o máis serio é que xa non quedan mais direccións IPv4 dispoñibles. Todo PC conectado a Internet necesita dunha desas direccións. Así mesmo necesítana os servidores web, os ruters caseiros, os teléfonos móbiles e... un longo número de aparellos diferentes. Sen esa dirección non poderán funcionar. De aí, a necesidade da nova versión (IPv6) que, á parte de ofrecer grandes melloras, dispón un número de direccións millóns de veces superior ao dispoñible sobre IPv4.
Conscientes da importancia deste evento, o Cesga, en colaboración coas tres universidades galegas, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia, ISOC-es, e coa colaboración de Angelo Gonzalez, organizan unha serie de actividades destinadas a determinar en que medida os atrasos actuais no despregamento afectan á comunidade galega de usuarios e contribuír á aceleración do despregamento de IPv6.
Para ampliar información visite esta páxina web. |