IV CURSO INTENSIVO i-MATH DE SOFTWARE LIBRE ORIENTADO A CIENCIAS E INXENIERÍA
Do 27 de xuño ao 16 de setembro do 2011
O curso, orientado a investigadores, técnicos de empresas e alumnos de grao e Máster, pretende mostrar a gran capacidade actual do software libre para resolver problemas estándar en Ciencias e Enxeñaría. En particular, para o curso elixíronse paquetes de software moi testeados e de gran difusión no contexto académico e que percorren dende software matemático básico ata software máis avanzado con orientación cara á Matemática Discreta, a Estatística, o Deseño Asistido por Ordenador ou a Simulación Numérica de diversos procesos físicos que poidan chegar a adaptarse entre eles.
Materias
O curso se compone das seis materias seguintes:
1. Simulación Termomecánica de Procesos: Salome e Code-Aster (STM): Do 4 ao 8 de jullo de 2011 en Santiago de Compostela.
2. Simulación en Multifísica: ELMER (SMF): Do 27 de juño ao 1 de jullo de 2011 na Coruña.
3. Entorno Estatístico R (EER): Do 12 ao 16 de setembro de 2011 en Santiago de Compostela.
4. Programación en Python orientado á Inxeniería (LP): Do 5 ao 9 de setembro de 2011 en Santiago de Compostela.
5. Simulación en dinámica de fluidos con OpenFOAM (CFD): Do 18 ao 22 de jullo de 2011 en Vigo.
6. Simulación numérica con FreeFEM (FEM): Do 4 ao 8 de jullo de 2011 en Cádiz.
Pódese consultar toda a información relativa a esta cuarta edición e realizar a inscrición na páxina web: