Os nenos do CRA Boqueixón Vedra comezan a usar os seus escritorios na nube
Os nenos participantes no proxecto Rural Schools & Cloud Computing estrean os seus escritorios virtuais "na nube", para apoiar a súa aprendizaxe e comunicación, tanto nas aulas como nas súas casas.
Fai poucos días, os nenos do centro piloto do proxecto de investigación Rural Schools & Cloud Computing, do CRA Boqueixón-Vedra, comezaron a usar os seus escritorios "na nube", con contidos de aprendizaxe externos (de diferentes repositorios educativos) e internos (fichas e materiais) subidos polos seus profesores. Tamén se lles dou a sua identificación persoal para que poideran utilizar "a nube" dende a súa casa, comunicarse e seguir aprendendo máis aló da aula. O próximo xoves 12 de maio, teremos unha reunión cos pais para presentarlles esta fase do proxecto e para invitalos a participar, cos seus fillos/as, nesta comunidade de aprendizaxe na nube.
O escritorio Cloud foi adaptado para as características dos diferentes usuarios:
- alumnos de infantil
- alumnos do primeiro ciclo de primaria
- profesores
e permite que a xestión dos contidos dos mesmos sexa definida polos propios profesores participantes, podendo mudar os contidos da "nube" de infantil e primaria de xeito áxil e doado, para axustarse ao progreso do curso, á temática a traballar, etc. sen necesidade de coñecementos informáticos.
Este breve vídeo amosa as características principais dos tres entornos:
O proxecto Rural School Communities for education in the Cloud é un proxecto de investigación financiado por HP Labs e dirixido polo área de e-learning do CESGA. No mesmo participan os 90 nenos e 13 profesores do Centro Rural Agrupado CRA Boqueixón Vedra, na Coruña. O obxetivo do proxecto é avaliar as posibilidades da computación cloud (ou na nube) aplicada e adaptada ás necesidades das pequenas escolas rurais, para o que se deseñou unha solución baseada en software libre (LAMP, EyeOS, Openmeetings, OpenOffice e outros) e instalada sobre infraestructura Cloud que permita, á comunidade educativa de pequenas escolas rurais dispersas, mellorar a suas posibilidades de comunicación, traballo en equipo e aprendizaxe.