Posta en Producción da Actualización do Superordenador SVG
A actualización do superordenador SVG composta por 1200 núcleos de proceso AMD a 2.2GHz e 2400GB de memoria principal, esta dispoñible para todos os usuarios do centro.
Accédese ao sistema a través de svgd.cesga.es seguindo as instruccións que se detallan a continuación:
Conectarse a svgd.cesga.es
Lanzar unha sesión interactiva: compute --arch amd
Cargar os modulos necesarios de compiladores, aplicacións, etc.
NOTAS:
- module av amosa os módulos dispoñibles,
- module help amosa unha axuda básica sobre como utilizar l módulo
= Envío de traballos =
O envío de traballos é semellante ao anterior svg.
Debe terse en conta que os traballos paralelos execútanse dentro dun único nodo e polo tanto están restrinxidos a 24 slots mpi como máximo. Mais información
Para notificar calquer posible problema, póñase en contacto co seu técnico de soporte de referencia ou envíe unha mensaxe a sistemas@cesga.es