CESGA convoca a terceira "CESGA Computational Science Summer School" que se celebrará do 4 de xullo ao 30 de setembro de 2011. A Summer School está dirixida a licenciados, enxeñeiros, investigadores e programadores, tanto do ámbito académico como empresarial, que estén a desenvolver solucións de software no ámbito científico-técnico, ou que desexen mellorar a súa cualificación en ciencia computacional e desenvolver a súa carreira como programadores de aplicacións científicas ou de cálculo intensivo. Esta Summer School tamén está orientada a aqueles profesionais que desexen sacar o máximo rendemento ás novas arquitecturas de procesadores.
Os obxectivos da CESGA Computational Science Summer School 2011 (CCSSS11) son os seguintes:
Proporcionar capacitación no desenvolvemento de aplicacións científicas de cálculo intensivo.
Proporcionar capacitación na programación de aplicacións de computación paralela.
A CCSSS11 divídese nesta terceira edición en dous niveles centrados en cumprir estes dous obxectivos.
Durante a Summer School impartiranse os seguintes cursos de formación en programación, optimización e depurado de aplicacións científicas, tanto secuenciais coma paralelas:
Nivel Básico
Programación en Fortran (05/07-08/07, 09:00 a 14:00 horas)
Programación en C (11/07-15/07, 10:00 a 14:00 horas)
Compilación, execución e optimización de programas científicos (18/07-22/07, 10:00 a 14:00 horas)
Introducción a algoritmos de resolución de aplicacións científicas (26/07-29/07, 09:00 a 14:00 horas)
Nivel Avanzado
Programación paralela utilizando directivas OpenMP (30/08-02/09, 09:00 a 14:00 horas)
Introducción á programación en MPI (05/09-09/09, 10:00 a 14:00 horas)
Ferramentas de desenvolvemento de aplicacións paralelas: Debugging e análise do rendemento (12/09-16/09, 10:00 a 14:00 horas)
Toda a información sobre a Summer School pode atoparse neste enlace.
Datas: 04.07.2011 ó 30.09.2011 Nº horas: 140 (Nivel básico 80 horas; Nivel avanzado 60 horas) Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela Nº prazas: 15 (Preferencia para os solicitantes de praza na Summer School completa, Niveles Básico e Avanzado)
Contacto: ccsss11@cesga.es
Inscrición:
Para levar a cabo a inscrición debe cumplimentar este formulario. Inscrición pechada.